E nós que somos?

Quarta-feira, Janeiro 16, 2008

Cambio climático


O xeo derrétese nos polos, chove cando non estamos afeitos e cando esperamos que o faga non o fai. Aparecen bacterias resistentes ós antibióticos coñecidos, secou unha fonte na terra do meu pai ... Igual o curmán de Rajoy está trabucado.
As cereixas azuis de momento son un producto do Photoshop e espero que a próxima primavera cheguen vermellas, como lle gustan ós merlos.

Innovación



Este blogue que está en continua evolución hoxe ponse a difundir o Código Cociña que ven sendo un código para os blogues enogastronómicos. Pinchando no banner pódense ler os principios dese código que este blogue respetará escrupulosamente.

Sexta-feira, Janeiro 11, 2008

Hábitat

Das pallozas chegamos a este hábitat, e non digo eu que non sea unha evolución tecnolóxica, que o é... pero pregúntome eu se seremos máis felices.

Quinta-feira, Janeiro 10, 2008

bolboreta

video

Pois a min gústame escoitar o aletexo das Bolboretas

Quarta-feira, Janeiro 09, 2008

Hoxe chove