Sexta-feira, Fevereiro 29, 2008

Eleccións


Agora que estamos en eleccións acabo de ler nun blogue que tres medidas tomaría un tipo no caso de saír elixido presidente do goberno.
E quedei cavilando cales serían as medidas que tomaría eu ... o primeiro impulso, dado o meu idealismo, sería decretar que os seres humanos fosen felices ... Pero non deixa de ser unha carallada, porque hai cousas que non fan os decretos nin as leis, e tamén habería que tomar en consideración ata que punto a infelicidade forma parte da felicidade.
Xa sei que disque esta garantida pola lei pero a primeira medida que tomaría eu sería decretar a igualdade ... nacemos iguais ... pero desde que nacemos deixamos de ser iguais ... por xénero, por cultura ... e creo que con esta medida xa tería traballo para 4 anos de lexislatura.

0 comentarios: