E nós que somos?

Segunda-feira, Março 19, 2007

Touriño outra vez


Como me impresionou onte o discurso do Presidente da Xunta en Río de Janeiro. Dirixíase aos emigrantes galegos no Brasil en castelán.
Eu proporía iniciar unha colecta para pagarlle un cursiño de galego o homiño ese que temos de presidente, eu estou disposto a doar un euro.
E outro de cultura xeral para explicarlle o idioma que falan no Brasil. Pero ese que o pague el.

Segunda-feira, Março 12, 2007

O antroido dos xenerais ..


É interesante o antroido dos xenerais. Contan os antropólogos que xurdiu despois da invasión das tropas napoleónicas e das carlistadas, cando polas aldeas se podían ver xenerais dacabalo. Ao meu modesto modo de entender é unha burla do exército que invadiu o seu territorio. Por eso se visten como os xenerais, por eso van dacabalo coma eles, por eso falan castelán coma eles. Tradicionalmente aínda que toda a aldea era galego falante os xenerais sempre se expresaron en castelán.
Pero coas tradicións pasa que perviven as formas pero ás veces esquencese o contido, afortunadamente no franquismo non souberon comprender a fondura ideolóxica desa manifestación e non o prohibiron, pero agora estanos galequizando ... será que nas aldeas empezan a sospeitar que existe un poder galego do que cómpre mofarse?